Contribucións

  • Este congreso contará con sesións de comunicacións orais e cunha sesión de exposición de pósteres. O Comité de Dirección decidirá, atendendo ás recomendacións do Comité Científico, que comunicacións se realizarán en formato oral e cales en formato póster, o cal lles será comunicado aos autores con suficiente antelación. A aceptación dos traballos poderá comportar propostas de mellora que deberán ser tidas en conta para a súa presentación e aceptación final.
  • Os traballos presentados deberanse enmarcar nalgunha das seguintes áreas temáticas:
    1. Ciencia de datos e información: sistemas de información; recuperación de información, modelos matemáticos e xestión documental; aprendizaxe máquina; sistemas de información xeográfica; matemática aplicada, estatística e investigación operativa.
    2. Percepción, cognición e interacción: sistemas intelixentes; sistemas recomendadores; visión artificial; localización e monitorización de movementos.
    3. Arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións: computación avanzada; sistemas distribuídos e arquitecturas orientadas a servizos; sensórica, comunicacións e informática móbil.
  • As persoas interesadas en participaren deberán enviar un abstract a través da plataforma Easychair de 500 palabras máximo, indicando a área temática do seu traballo, que poderá estar redactado en galego, portugués, español ou inglés. A data límite de envío destes abstracts é o 15 de xuño de 2019.
  • É preciso estar rexistrado na plataforma Easychair para poder enviar un abstract (rexistrarse en Easychair). Os autores, unha vez rexistrados, poden enviar os seus traballos:
  • Cada proposta será avaliada por dous membros do Comité Científico que indicarán a adecuación da proposta e a forma de presentación (oral ou póster). Os traballos poden ser seleccionados para comunicación oral, póster ou seren rexeitados.
  • A listaxe de traballos seleccionados publicarase na páxina web o 17 de xuño de 2019 25 de xuño de 2019.
  • Os autores dos traballos seleccionados (comunicacións orais e pósteres) deberán enviar o resumo estendido cunha extensión aproximada de dúas páxinas antes do 15 de xullo de 2019 coa normativa de publicación aplicada e redactados en inglés. O modelo e as instrucións están dispoñibles tanto en Word como en Latex.
  • Os traballos seleccionados publicarasen nun libro de proceedings da editorial MDPI con DOI para cada traballo. O libro de proceedings publicado na edición pasada pódese consultar en : https://www.mdpi.com/2504-3900/2/18.
  • Opcionalmente, os traballos seleccionados para a sesión de pósteres poden ser impresos pola organización. Para iso deberán enviarse en formato PDF dentro do prazo que se indicará nesta páxina web, unha vez sexa publicada a listaxe de traballos coa forma de presentación asociada (oral ou póster). Os carteis deberán adaptarse ao formato de 90 x 120 cm en orientación vertical e deberán conter o título, o nome do/s investigador/es e a súa filiación.
  • Os pósteres e comunicacións orais poderán estar redactados en calquera das linguas do congreso: galego, portugués, español ou inglés Só se esixe exclusivamente o inglés para a publicación do libro de resumos estendidos.

A entrega do resumo extendido farase a través da plataforma EasyChair engadido o arquivo do resumo ao traballo remitido